Acceder

Enquisas

¿Que che parece a nova web de RsC?
 

Estadísticas

Membros : 23
Contido : 46
Ligazóns Web : 7
Visualizacións de contidos : 15667
Temos 1 convidado en liña

Donacións:

 
G11n (galeguización) medra sobre as cinsas de mancomún PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Carlos   
Venres, 26 Febreiro 2010 14:38

Tras a discreta defunción/privatización do proxecto Mancomun.org que a Xunta de Galicia puxera en marcha hai algúns anos para promocionar e desenvolver software libre en lingua galega, moitos dos antigos desenvolvedores, vendo como a ilusión dun proxecto se diluía coa política do novo goberno da Xunta, decidiron seguir cos esforzos de desenvolvemento de software e traduccións galego na plataforma G11n (Galeguización).

G11n xurdiu coa intención de aglutinar os proxectos de traducións de software libre á lingua galega, comunicando aos desenvolvedores actuais e reclutando novos colaboradores.

O seu traballo axiña empezou a dar froitos: OpenOffice 3.2, Firefox 3.6, Thunderbird 3, SongBird 1.4.3, Joomla 1.5.15, Gnome 2.30... e unha lista sen fin. E o mellor é que, ao ser este grupo o desenvolvedor oficial de moitos destes proxectos, as traducións pódense atopar na maioría dos casos nas páxinas de descargas propias de cada un dos proxectos.

Dende Rianxo Sen Cabos apoiamos e adherímonos a esta iniciativa que nos axudará a todos a gozar de software na nosa lingua.

Parabens!

 

 
O futuro dos escritorios GNU/Linux? PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Carlos   
Xoves, 18 Febreiro 2010 17:45

Está dando que falar na rede a proba de concepto que o seguinte video presenta coma unha posible evolución dos escritorios Linux. Se ben certos perfís de usuario requiren cada vez máis limpeza no escritorio, con menos barras e menos elementos permanentes, e máis uso de atallos de teclado, parece que o concepto presentado neste vídeo mellora a expericencia tanto dos usuarios nóveis coma compre coas esixencias dos usuarios avanzados.

Vai sendo hora de que os escritorios para Linux empecen a evolucionar por si mesmos deixen de pensar nos usuarios que veñen doutros sistemas.

 


Última actualizaciónfeita en Xoves, 18 Febreiro 2010 17:48
 
Melloras na rede. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por x-io   
Martes, 24 Novembro 2009 20:01

A semana pasada puidemos subir ó tellado do polideportivo de Taragoña, onde comprobamos que o problema de aquel punto de acceso foi que o transformador da corriente deixara de desempeñar a súa función, solución, coller un transformador vello dos que temos pola casa daquela minicadea que xa non empregamos, facerlle un pequeno empate nos cables, e listo, ó AP chegoulle a electricidade que o fixo voltar á vida.

Ademais deste arranxo, xa deixáramos instalado outro AP para facer unha conexión máis forte alí arriba, e hoxe acabamos de rematar a configuración do mesmo, co que xa temos unha unión de 5Ghz, para así desta maneira lograr que o AP de 2,4Ghz sexa máis estable.

E por outra banda nas vindeiras semanas temos pensado cambiar todos os nodos RsC_algo, por outros aparellos, esperamos que mellores, xa que estes, ás veces estannos a dar moitos quebradeiros de cachola. Os novos dispositivos, chegarán nun par de días, e imos facer algúns talleres para ver como funcionan e deseñar o cambio dos AP's (basicamente será sacar o vello e poñer o novo :-) 

O máis destacable destes novos AP's, é que están baseados en software libre, algo que nos congratula, xa que ata o de agora estamos a depender dunha empresa, a cal se decide caparnos os AP's, faino (como xa fixeron un par de veces). A nos gústanos remexer neles para poder optimizalos, e esta empresa dende fai seis meses non no lo permite, co que despois de estudar o asunto decidimos adquirir cinco aparellos novos para facer probas. Lembrade que ós talleres estades todos convidados. As datas e horarios dos mesmos podédelas ver no noso calendario ou nesta mesma web.

Última actualizaciónfeita en Martes, 24 Novembro 2009 20:05
 
Problemas e solucións. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por x-io   
Venres, 22 Xaneiro 2010 21:53

Pois fai uns días houbo un fallo xeral en tódolos repetidores, os cales estiveron caidos durante case 24 horas e no caso de Campo de Cartas, algo máis.

Ademais neste último, xuntouse cun cambio de conexión do asociado que cede voluntariamente a súa conexión á rede de redes, e que estivo sen conexión ata fai unhas horas. Como podedes comprobar xa está arranxado.

Un caso particular é o RsC_CampoDeArriba. Dende que se inundara o polideportivo non voltou ir ben. A solución non a atopamos, e xa temos pensado ir remprazar o cacharro, pero o seu emprazamento é complicado, e non temos moito tempo para facelo. Por favor se alguén está realmente interesado de que volva estar ó cento por cento, que deixe un comentario animándonos a seguir con isto. Trataremos de facer que volva ir ben.

Ahhh!!! E feliz ano!!!!!!

 
E outro máis... (SOLUCIONADO) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por x-io   
Sábado, 14 Novembro 2009 18:14

Pois como os problemas sempre veñen a pares, agora temos outro. Dende onte á tarde o RsC_CampoDeArriba, o que está no poli de Rianxo, está apagado. A causa o videomarcador  :-) 

Asi como soa, resulta que ca que caeu onte (13-11-09, otia que foi venres 13), entrou auga no pabillón pola parede onde está o marcador, e cascou algo, probablemente haxa un enchufe encharcado e fixo un cortocircuito, ca mala sorte de que o noso repetidor está conectado no mesmo sitema eléctrico, co que mentres non o arranxen vai seguir apagado

Dixeron que ten que quedar amañado para a semana. Toca esperar.

Pedir desculpas a todos aqueles soci@s que accededes a RsC por RsC_CampoDeArriba.

Por outra banda, xa quedamos para que en canto mellore un pouco a meteoroloxía, nunha tarde, subir ó tellado do poli de Taragoña a facer os arranxos que alí fan falla tamén.

Gracias por entender que contra as inclemencias do tempo non podemos facer nada.

AXTUALIZACIÓN: Pois dende fai unha hora, o RsC_CampoDeArriba, volve estar operativo, tivemos que facer unha pequena reinstalación, xa que como estaba a situación podería alargarse un pouco.

O outro con problemas, RsC_CampoManeiro, esperamos telo arranxado mañá á mañá, se non fai moito vento, xa que hoxe non nos deu tempo.

Última actualizaciónfeita en Martes, 17 Novembro 2009 21:05
 
«InicioAnterior12345678SeguinteFinal»

Páxina 1 de 8