|
Saltaron as alarmas. As últimas melloras en velocidade do vanegador
Firefox, que fan que voe en Windows, parece que non teñen o mesmo
efecto nas distribucións Linux, sendo o mesmo sistema. Xa empezaron as primeiras protestas
ante Mozilla de que parece que se están a centrar no desenvolvemento para a plataforma Windows esquecéndose dun colectivo importante que os axudou a incrementar o seu uso. Isto non serÃa demasiado preocupante se existisen outros navegadores de caracterÃsticas similares para Linux, pero parece que o problema repÃtese: O Opera para Linux, sendo excelente, non acada a velocidade da versión Windows (e patina bastante nos benchmarks de javascript), e o mesmo se pode dicir do Google Chrome. Como é posible que unha plataforma máis flexible, como Linux, sexa incapaz de dispor dun navegador que supere con creces os seus equivalentes para Windows? A resposta é sinxela: a culpa non é da plataforma (só hai que ollar para o Safari), senón dos desenvolvedores dos proxectos. Por outra banda, temos os navegadores só dispoñibles en Linux, co que aà non se pode falar de non dedicarse en exclusiva á plataforma, pero Konqueror vai ben en KDE, pero non tanto en Gnome, e ademais é superado en velocidade por Chrome e Opera nalgúns aspectos (noutros non). Pero está aparecendo a alternativa, e curiosamente tamén vén da man de Mozilla: o Seamonkey (antigo Mozilla Suite), que a partir da versión 2.0 é compatible con todos os complementos de Firefox. Non sabemos como evolucionará, pero de momento está a destacar a suavidade coa que navega.
 Durará? De todas formas, a queixa está lanzada, agardamos que os desenvolvedores saiban decatarse do asunto, pois ter descontentos aosusuarios que se decantaron claramente polo modelo de desenvolvemento do software libre, que é o que eles seguen, poderÃalles prexudicar. Â
|